O miradoiro do Pericoto, protagonista dun roteiro

Será o sábado sendo preciso inscribirse previamente

O Pericoto é o centro dun novo roteiro esta fin de semana.
O Pericoto é o centro dun novo roteiro esta fin de semana.

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 18 de outubro ás 10 horas un roteiro guiado co miradoiro do Pericoto do Vilar, en Camos, como protagonista e encadrado no programa 'Paseando Nigrán'. O obxectivo é promover hábitos de vida saudable ao tempo que os asistentes aprenden máis sobre o termo municipal. É preciso inscribirse previamente en roteiros@nigran.org indicando os datos e o roteiro elixido.

En novembro haberá outros tres roteiros. O día 8 “Graffitis por Monteferro”, o día 15 o parque forestal Táboas-Matos e o día 29 un roteiro baixo o título de “pintura no lugar”.

O ano finalizará con outros dous roteiros en decembro. Serán o día 13 cun roteiro polos pazos e o día 20 un roteiro por Monte Lourido.

Contenido patrocinado

stats