Aspas: “Esta afección foi a que me levou xogar 534 partidos”
“Aínda que pareza unha despedida, teño seis o sete meses de contrato por diante con vós”, dixo a lenda celeste
            Iago Aspas falou ó final do partido para pechar o seu acto de homenaxe e agradeceu a todas as persoas que estiveron preto na súa carreira para chegar ós 534 partidos. “Quero dar grazas ós meus pais e ó club porque síntome como na casa, xa que paso aquí máis horas que na casa. Agradezo a presidenta, o presidente anterior, o gran corpo técnico que temos e os meus compañeiros. Estes rapaces foron os que nos trouxeron a Europa. Levamos nove partidos sen gañar, pero seguro que chegarán as vitorias con este fútbol e cos rapaces ó meu carón”.
O moañés engadiu nos agradecementos "á miña familia e a miña muller, que apoioume sempre, tamén nos momentos malos, que existiron. Non teño palabras para describir o que sinto hoxe". E, sobre un posible final da súa carreira co Celta, expresou que "aínda que isto pareza unha despedida, aínda me quedan seis ou sete meses de contrato e moitos partidos para gozar xunto a vós. Ala Celta".
A continuación, ante os medios de comunicación, admitiu o emocionante do acto porque “non esperaba tanta ‘efusividade’ e ter o estadio cheo un xoves a estas horas. Estou moi agradecido a esta xente que foi á que me levou a disputar 534 partidos, a xogar un Mundial coa selección e a gozar cada fin de semana con eles". Sobre o seu final como xogador reiterou que “como comentaba Claudio Giráldez, soaba a despedida, pero aínda teño contrato e se me atopo ben quero gozar dentro do campo que é onde estou máis feliz”.
Por último, Iago Aspas falou do partido e da vitoria ante o Niza. “Aquí estivemos forte nos dous partidos, aínda que hoxe quedamos con superioridade numérica. O partido era importante porque agora quedamos con seis puntos e con dez podemos pasar. Aínda quedan cinco partidos para sumalos", expresou o dianteiro e, sobre a opción de chegar os seiscentos encontros co Celta admitiu que “aínda o miro moi afastado”. Así pechou un encontro de moita emoción polo vivido no céspede e tamén polo que sucedeu tras o encontro. O Rei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar