Eu móvome baixo o sol
Atletismo
A carreira pola esclerose múltiple albergou a máis dun milleiro de persoas en Bouzas, das cales 608 remataron as probas cronometradas, con vitoria de Alberto Bastos e Ana García-Picher
Cando Lara González tomou a palabra, comezou a rememorar á xente que bota unha man na carreira e no día a día de Avempo e, como non podía ser doutro xeito, chegaron as bágoas baixo as gafas para ler o discurso e sobre as zapatillas cos fermosos e chamativos calcetíns de ‘American Shocks’. A presidenta do colectivo de afectados pola esclorose múltiple acordouse dos seus achegados e a emoción invadiuna, xa que preto de 1.500 persoas acudiron á cita solidaria das que 608 remataron as probas competitivas.
Na de 10 quilómetros, as vitorias foron para dous vigueses, José Alberto Bastos e Ana Pérez García-Picher, mentres que a proba dos 5.000 metros tivo como gañadores a Noemí Álvarez e Roque González Batán. As cifras deixaron a anécdota de que o pelotón máis amplo foi o feminino de 5 quilómetros. É extraordinariamente excepcional que unha proba popular conte con máis mulleres que homes e así sucedeu onte nunha cita marcada polo sol. As únicas pingueiras na Eu Móvome pola Esclerose Múltiple foron as bágoas de Lara González e, como moito, as dalgunha botella de auga no avituallamento. O resto, día seco e de vento con fantástico ambiente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar