20.000 racións na Festa dos Callos de Salceda

Festa multitudinaria que é un dos atractivos tras o verán

Salceda reparte unas 20.000 raciones de callos en una jornada de lo más sabrosa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na Festa dos Callos de Salceda de Caselas, onde puxo en valor o atractivo turístico desta festividade. Trátase dunha das festas gastronómicas que contribúen a diversificar o destino con propostas singulares no rural.

De feito, este tipo de celebracións son tidas en conta por parte da Xunta de Galicia á hora de deseñar a súa planificación na Estratexia de Turismo de Galicia 2030, como recursos que están a axudar a repartir a chegada de visitantes. Con máis de 30 anos de historia, a Festa dos Callos chega este ano á súa 31 edición repartindo 20.000 racións deste prato, e é un dos atractivos da provincia de Pontevedra que rexistrou un incremento de máis do 4 % no número de turistas no primeiro semestre.

Contenido patrocinado

stats